Un home de 49 anos quedou ferido grave despois de caer nunha poza cando participaba nun rastrexo en Ponteareas. Nun primeiro momento foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, pero foi derivado ao CHUAC ante a posibilidade de que sufrise lesións medulares.

O accidente produciuse na coñecida como poza de Eiró, na parroquia de Guláns, en Ponteareas. A estrutura da proba xa foi retirada, pero o home tiña que pasar por uns rolos colocados sobre a auga neste lugar. Por causas que se descoñecen, caeu de cabeza. Foi un membro da organización o que se lanzou para rescatalo.

A causa das feridas, o home, de 49 anos e veciño de Soutomaior, tivo que ser trasladado nun primeiro momento ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e despois á Coruña.

Os veciños da zona están consternados. Segundo contan, o rastrexo organízano dende a Asociación Cultural de Guláns e nesta sexta edición participaban máis de 50 equipos. Os responsables rexeitaron falar para a Televisión de Galicia.

Fonte :TVG

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+