Cada ano o concello de Soutomaior homenaxea aos seus deportistas máis destacados, nun dos seus apartados sempre hai un espazo para premiar aquelas persoas que deron o seu tempo á práctica do deporte local, para moitos no só era unha forma de pasar o tempo se non de formar parte dun Club de sentir as súas cores de pertencer a toda unha institución de que por aquel tempo era como ter un status moi elevado xa que un defendía e sentía ó equipo da Vila.

Neste vídeo repasamos a figura de tres excelentes deportistas que vestiron o uniforme do C.D Arcade, unha época na que a práctica do fútbol non ten nada que ver a de agora, no só polo estilo de xogo se non pola paixón que estas tres lendas lle puxeron nas súas carreiras deportivas.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+