Ás veces os grandes proxectos nacen como ideas sinxelas e isto foi o que pasou con “Para a guerra nada “, unha iniciativa simple, sen grandes pretensións, que en menos dun ano mobilizou a máis de dez mil persoas por medio das redes sociais e segue crecendo sen parar.

Transcorría agosto de 2014 cando Marta Gómez, cantautora caleña residente en Barcelona, decidiu que estaba farta de escoitar novas sobre o conflito entre Palestina e Israel e sobre todo, de ver explicacións sobre os artefactos que uno e outro bando utilizaban para facerse dano.

Así que decidiu darlle unha volta o máis cotidiá das guerras e cambiar os estoupidos das bombas por alegres acordes E foi destas invencións que naceu a canción ” Para a guerra nada”. Así que, unha vez gravada, Marta e Julio Serna (o seu mánager e esposo) decidiron compartila con amigos músicos para ver que outros versos ocorríanselles, que outros inventos fantásticos podían engadirse a esta lista coma se fose un longo esconxuro contra a violencia.

Froito da iniciativa de que cada quen interpretara ao seu gusto o lema de “Para a guerra nada” os alumnos e alumnas do colexio Manuel Padín Truiterio decidiron por iniciativa do seu director Modesto Campos poñerse mans á obra e comezar a ensaiar cos mestres entre eles Quico Obelleiro o que sería o resultado final de “Para a guerra nada”