O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez no 1964. Xurde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do mestre español Llorenç Vidal. Como non podía ser doutro xeito o CPI Manuel Padín Truiteiro celebrou o día cunha serie de actos conxuntos entre o profesorado e o alumnado.

Unha das actividades máis destacadas foi a gravación dun videoclip no que todo o centro escolar foi partícipe do mesmo. O seu director Modesto Ocampo foi o precursor da idea e sinalou que o Centro é sempre partícipe de calquera actividade que estea a prol da educación e a sensibilidades no alumnado.