Un ano máis o Concello de Soutomaior convocou o proxecto DESEÑANDO O TEU FUTURO dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e 18 anos. Trátase dun programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito socio laboral mediante o desenvolvemento de estadías–visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas e privadas, facilitando, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional. Participaron neste proxecto 15 mozos e mozas do municipio.

Na primeira fase do proxecto participaron como grupo en actividades complementarias e visitas a empresas de diversa índole. Empresas públicas e privada que achegaron o seu día a día a este grupo de mozos e mozas mediante charlas, mesas redondas, actividades participativas, visitas, etc. Neste terceiro ano de proxecto o concello de Soutomaior foi o único implicado xa que dende a propia Xunta de Galicia ata o de agora non houbo convocatoria. A frase máis soada entre os participantes foi a de “gustaríame repetir esta oportunidade en anos vindeiros ” xa que consideras que é unha oportunidade única.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+