No mes de maio e a través da AMPA do CPI Manuel Padín Truiteiro fixeran unhas xestións a Consellería de Transporte para ver cal sería a situación final sobre os autobuses que transportan aos rapaces ao novo instituto. Dende a Consellería manifestaron que o servizo de transporte quedaría tal cal como ate o de agora, dende o instituto ofertaron as mesmas prazas aos alumnos podéndose matricular no novo centro .

O problema viría ao comezo do curso xa que as dúas liñas que cobren o servizo están saturadas con 56 e 54 prazas non pudendo atender a toda a demanda de estudantes, tras estes incidentes dende o Instituto chamouse novamente a Pontevedra para explicar o caso e solicitando un autobús a maiores, o cal foi denegado xa que o que se lle ofertara ao novo Centro dende un principio foron os dous autobuses que dende o inicio do curso estiveron en activo.

Tras este incidentes entrevistamos ao director do IES de Soutomaior Modesto Campos o cal nos da a versión do sucedido e de como está a situación hoxe en día.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+