Manu Lorenzo é natal de Soutomaior é dende sempre para el a Festa da Ostra é un día especial, un día de estar cos veciños e veciñas e sobre todo un día de estar todos unidos sen discrepancia política xa que a Festa da Ostra ten que ser un reclamo para todos e todas os habitantes de Soutomaior. Lorenzo alabou o traballo realizado por todos neste evento e sobre todo pola Confraría de Pescadores de Arcade xa que é un gran esforzo que esta xente está a facer por destacar o seu produto estrela como é a ameixa, tamén resaltou de éxito o acerto da Confraría por incluír este ano dous produtos a maiores como é a quisquilla e o choco á feira. Manu non quixo deixar atrás o estupendo viño albariño de Soutomaior e animou a todos aqueles a degustalo.