Rita Míguez é a patroa maior da Confraría de Pescadores de Arcade, por segundo ano consecutivo a Confraría colabora coa Festa da Ostra coa creación dun apartado gastronómico alternativo como é degustar os produtos estrela da propia Confraría como é a ameixa e a anguía e a maiores dúas novas incorporacións como son a quisquilla é choco á feira. A idea de crear este apartado naceu como unha alternativa a toda aquela xente que non lle gusta a Ostra e deste xeito poder ter a opción de probar outro produto estrela da nosa ría, dende a Confraría estamos moi ledas e agradecemos ao Concello a oportunidade que nos brindan de colaborar.