O pasado venres o concello de Soutomaior organizaba a festa de entroido para os máis pequenos, nun primeiro momento anunciábase a praza de Talo Río como escenario principal pero o mal tempo fixo que se desprazara ata o Multiusos . Sobre as cinco da tarde comezaban a chegar os primeiros disfraces ata as instalacións onde alí estaba todo preparado para unha tarde de festa.

Animación, música , bailes, obradoiros e ata un desfile de disfraces foron as actividades principais da festa. Para os máis pequenos da familia habilitouse unha zona lúdica que incluíu xogos xigantes como a oca, o parchís, o dominó, tres en raia todo en grandes dimensións e tamén unha zona de debuxo e contos.

Como toda festa infantil non faltou a palomitera e o de algodón de azucre no que o reparto foi totalmente gratuíto e ilimitado. Unha vez máis Soutomaior estivo en todo o momento ao servizo dos pequenos da casa.