María Obelleiro é sobriña e afillada de Lois Obelleiro, un home combativo, tenaz e preocupado polos problemas sociais e sobre todo os da súa vila Soutomaior, Lois nunca quixo que se lle fixeran homenaxes estaba sempre mellor en segundo plano, non era desas persoas que adoitaban a ser protagonistas, mailas súas decisións o sábado pasado celebrouse en Arcade o 10 aniversario do seu falecemento coa edición especial dun libro “compromiso e loita”, editado po la fundación Terra e Tempo.

María Obelleiro sobriña e afillada adicoulle unhas palabras en representación da familia, destacou a personalidade do seu tío un home loitador ” dos de antes ” e compartiu co público asistente ó acto as súas anécdotas con Lois, de cando María compartía coche de Arcade a Santiago xa que decidira estudar xornalismo gracias ás recomendacións de Lois. Sen dúbida un día para o recordo o vivido o sábado en Arcade xa que o acto coincidiu co día de Rosalía de Castro e cun auditorio cheo a rebosar seguro que Lois Obelleiro estaría moi orgulloso de todas e todos aqueles asistentes ó acto.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+