O director do IES Soutomaior salientou a implicación dos 32 mestres do centro na tarefa que teñen por diante, a de educar a eses rapaces, “todo un reto e unha responsabilidade” segundo Modesto Campo. Para o director a a relación entre o profesorado e o alumnado é “fundamental”, unha relación na que ambas partes aprenden. Campos amosouse satisfeito de ter superado o obxectivo de poñer en marcha o novo instituto, e poder comezar onte as clases. Un traballo duro no que se implicaron administracións e traballadores. Campos agradeceu o esforzo do profesorado e do equipo directivo, “que quedou sen vacacións para poñer o IES en marcha”, así como do Concello e a Consellería de Educación. Non foi unha tarefa doada, e tamén houbo aspectos negativos no proceso. Modesto Campos lamentou a falta “dunha guía” para a dirección do centro nunha tarefa tan complexa.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+