O domingo 21 de outubro os veciños de Soutomaior sairán novamente á rúa pada demandar o que xa veñen pedindo dende hai xa un tempo » Unha Sanidade Pública digna» para a o concello de Soutomaior. Fartos da situación actual e ante a falta de médicos na Vila e os poucos apoios por parte da política local decidiron tomar as rendas polos seus propios medios e convocar á veciñanza para tratar de conseguir o que eles consideran de xustiza. Tanto Emma Ruíz , Iago Treus ou Alicia Lorenzo consideran que a situación actual do Concello é moi precaria de aí que fagan un chamamento á toda a cidanía da Vila incluídos os partidos políticos locais para que todos unido poidan vogar hacia o mesmo lado. A manifestación prevista para o día 21 de outubro sairá da alameda de Talo-Río ás 12 da mañá e rematará diante do centro médico de Arcade.