A XXXII Festa da Ostra foi todo un éxito de organización e participación o bo tempo e os días da Semana Santa fixo que Soutomaior saíra ben parada encanto a organización do Evento. Malia a non comezar ben por mor do temporal que azoutou o venres a Arcade, xa que a carpa situada no peirao voou polos aires por mor do forte vento que azoutou a Vila. A concelleira de Cultura Dolores Cernadas desculpouse polo ocasionado e dende o Concello foron quen de reparar o problema xurdido polo forte vento.

O sábado comezou como moi bo pé e miles de persoas xa abarrotaban as inmediacións dos postos situados no peirao de Arcade en busca do manxar, as ostras. O día seguinte o domingo foi como cada ano o día forte da Festa a miles de persoas collían sitio o carón do palco para escoitar a Eva Iglesias a pregoeira desta XXXII edición, amable e servizal distinguiron a Iglesias que non parou de fotografarse con todo seareiro que se achegaba o seu carón para sacar unha fotografía. Un ano máis Soutomaior deixa o listón moi alto cara repetir éxito na seguinte Festa da Ostra.