Facía anos que o I.E.S Manuel Padín Truiteiro non se presentaba o certame da Camelia que organiza o concello de Soutomaior, pero nesta XVIII edición decidiron presentarse grazas a súa conserxe Nati Míguez que foi quen de animar os seus compañeiros para que involucraran os alumnos e alumnas do Centro. Despois do esforzo realizado durante unhas semanas na elaboración da maxistral árbore de camelias obtiveron o primeiro dos premios que se outorgan entres os distintos centro educativos do Concello. Tanto o seu director Modesto Campos como a profesora Berta Campos destacaron o esforzo dos alumnos xa que estiveron durante días co deseño da árbore recortando centos de follas para finalmente dar vida a un maxistral camelio.