A praza da Ostra de Arcade loce unha representación do clásico pesebre do Nadal moi especial. O artífice da obra é o artista local Marcos Mariño que coa axuda da motoserra creou as figuras, de tamaño real. O nacemento poderá visitarse ata o próximo 6 de xaneiro o Belén recrea a tradicional estampa coas tres pezas clásicas do nacemento talladas en madeira, o Neno, a Virxe María e San José, “pero a idea é que a representación vaia crecendo ano tras ano, incorporando novas figuras ata completar un nacemento único e exclusivo” comentou Marcos e o alcalde Agustín Reguera. O autor das figuras, Marcos Mariño, é escultor de madeira especialista en talla con motoserra e recentemente foi o primeiro español convidado ao campionato internacional de talla, celebrado na localidade rusa de Tomsk o pasado ano, onde clasificou entre os dez primeiros. Non é a primeira vez que o Concello conta co fantástico traballo de Marcos xa que na pasada edición da festa da Ostra recreou a unha mariscadora cunha patela de ostras.