O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller ou Día Internacional da Non Violencia contra a Muller conmemórase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración á data na que foron asasinadas, en 1960, as tres irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa),en República Dominicana.

En 1999 a xornada de reivindicación foi asumida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134 o 17 de decembro de 1999 convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a convocar actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública sobre o problema da violencia contra a muller. Os alumnos e alumnas do CEIP Manuel Padín Truiteiro cada ano traballan ao redor do 25 de Novembro deixando a súa pegada sobre a eliminación de violencia contra a muller .