O domingo día 18 de febreiro o concello de Soutomaior celebra a súa festa do Entroido, e como dende hai xa algún ano, a concellería de Xuventude está a promover dito día coa posta en marcha da comparsa municipal.Esta actividade está a tomar bastante repercusión entre os veciños da Vila xa que este ano a afluencia está a ser moi notoria.
A Concellería puxo a disposición dos veciños un local onde poder en sair e mesmo confeccionar os traxes que se vestirán o domingo de Entroido na Vila, para Marcos un veciño de Soutomaior considera que a iniciativa é moi interesante xa que deste xeito pode acudir coa súa filla Len e gozar en familia do entroido.

Rodrigo é un neno nacido na parroquia de Soutomaior e por mor do traballo a súa nai non participa en todo o que lle gustaría nas iniciativas do Concello xa que por traballo por as veces é imposible, María que así se chama a nai aproveitou esta ocasión para formar parte do proxecto e deste xeito poder estar co seu fillo Rodrigo e coñecer outras familias do Concello.