Este domingo día 2 de setembro a partir das 17,00 horas celebrarase en Arcade a XV edición da Baixada de Carrilanas. Está organizada pola asociación veciñal e cultural Pozo Vello e co patrocinio do Concello de Soutomaior. O novo circuíto será a novidade mais relevante desta XV edición, xa que a competición desprázase desde o lugar habitual (zona da Montesiña) para recolocarse na zona de Arcade de Riba, onde un circuíto mais longo e técnico poñerá a proba a pericia dos participantes. Os organizadores representados por Álvaro Vergara, Daniel Álvarez e Vanesa Peón esperan unha gran participación de carrilanas de toda Galicia así como unha gran afluencia de público. Daniel Álvarez presidente da asociación veciñal e cultural Pozo Vello coméntanos como vai ser esta XV edicición así como o circuito que por segundo ano consecutivo será zona de Arcade de Riba,

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+