O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades. Nestre primeiro trimestre do ano despegamos con actividades de formación dirixidas á formación para o emprego e á adquisición de competencias de utilidade para a vida diaria facilmente transferibles aos diferentes ámbitos: persoal, social e laboral. Para a adquisición de titulacións básicas comezamos cun curso de preparación para obter o título da ESO dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen participar no proceso de probas libres convocado pola Xunta de Galicia. No ámbito social e educativo propoñemos un curso de primeiros auxilios de utilidade para entornos educativos formais e non formais.

Máis dirixido á procura de emprego convócase o curso de teleoperado/a de 60 h con prácticas en empresas, para o cal non se esixe ningunha titulación de partida e que pode ser interesante para aprender a desenvolver un posto de traballo que ten bastante demanda. Continuamos co curso de monitor/a de tempo libre de 350 h que vai dirixido a maiores de 18 anos e que tamén é unha formación enfocada ao emprego con alta demanda entre o colectivo xuvenil porque permite compaxinar estudios e emprego no eido do lecer e tempo libre. Ofertamos con en todos os trimestre a posibilidade de obter o carné de manipulación de alimentos, programado para marzo.

Ademais, da proposta formativa neste trimestre tamén abrimos o prazo para inscribirse na comparsa municipal que este ano incorpora cambios e moitas sorpresas. Vai dirixida a todas as idades e haberá posibilidade de escoller disfraz en función de gustos e idades. O prazo de inscrición para todas as actividades xa está aberto. As persoas interesadas poden informarse e inscribirse na OMIX.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+