O río Verdugo, que vai polo concello de Ponte Caldelas, ten un dos seus pasos, para acceder a outra beira, estragados e arrincados. Os veciños cren que se debe a que taparon unha poza para colocar un gasoduto e cando o río vai cheo a forza da agua move os pasos.

Este é un dos pasos que hai no río Verdugo para acceder á outra beira no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Máis da metade delas xa non están, algunhas romperon, outras están estragadas e outras desprazáronse uns metros. Os veciños manifestan que isto é debido a que para colocar un gasoduto taparon unha poza uns metros máis arriba e cando o río baixa cheo move os pasos.

Os veciños manifestan que este é o único paso que hai para poder acceder á outra beira do río dende Ponte Caldelas ata Soutomaior. Os outros dous están a máis de cinco quilómetros, un cara a arriba e o outro pasado Soutomaior. Os veciños manifestan que estes pasos teñen máis de 300 anos e que a forza da auga nunca foi capaz de movelos. Por este lugar tamén hai unha calzada pola que atravesaban os carros dos animais cando o río ía con pouco caudal.

 

Fonte TVG

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+