Tanto a concelleira de Xuventude Noelia Ocampo como a concelleira de ensino Fátima Vidal presentaron conxuntamente dúas propostas para os máis novos do concello de Soutomaior, por parte da concellería de Xuventude presentouse o   Encontro da mocidade que se realizarán en San Simón desde o 20 a 23 de agosto de 2018. 

Con este programa o Concello fai unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción dirixida á mocidade do municipio  para que participe en contextos informais e espazos naturais co fin de  traballar temas culturais que lles resulten de interese mediante a aplicación de metodoloxías lúdicas e creativas.

Cada ano o encontro ten unha temática que vai ligada a grandes acontecementos que sucederon ao longo a historia arredor da Illa de San Simón. Nesta ocasión a temática estará baseada na novela de Julio Verne Veinte mil leguas de viaje submarino. Os/as participantes atoparanse durante a súa estancia en San Simón con Aronnax, co Capitán Nemo e terán ocasión de coñecer todos os segredos do Nautilos. Tamén haberá outras aventuras e sorpresas nas que os mozos e mozas de Soutomaior construirán a súa historia a través do seu paso por San Simón.

Vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos (ambas incluídas). O número de prazas total será de 54 prazas aínda que o grupo subdividirase en dous atendendo ás idades das persoas inscritas. O número de prazas por grupo será de:

  • 28 prazas para participantes de idades comprendidas entre os 12 e14 anos
  • 26 prazas para participantes de idades comprendidas entre os 15 e 17 anos

O Concello de Soutomaior organizará ás persoas inscritas por idades. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas ofertadas nalgún dos grupos, estas prazas vacantes acumularanse automaticamente ao outro grupo si hai persoas en lista de agarda. Cada grupo contará cun programa de actividades deseñado especificamente para as súas idades  pero todos os días participarán tamén en actividades conxuntas para atender a propia filosofía do encontro.Durante este encontro traballarase por grupos de idade, segundo o desenvolvemento evolutivo das persoas participantes. Utilizarase unha metodoloxía lúdica, dinámica e divertida na que se fomentará o traballo en equipo e a cooperación baseada en todo momento no xogo e a diversión como método didáctico para que as persoas participantes sexan as verdadeiras protagonistas.

O importe final que deberá pagar a persoa interesada é de 50 Euros/empadroados-as e de 145 euros non empadroados/as (soamente poderán participar no caso de quedar vacantes e sempre que previamente se cubran como mínimo 25 prazas por persoas empadroadas). Tamén  haberá 4 prazas de balde destinadas a menores empadroados/as que acrediten unha situación de risco ou exclusión sociasl. Haberá outros descontos ou bonificacións soamente para empadroados/as que se poden consultas na web do Concello ou na OMIX.

Que prazo hai para presentar a solicitude?
O prazo abrirase o 24 de abril e pecharase o 31 de maio de 2018.

Máis información e inscricións:
Concellería de Xuventude  – OMIX
r/Peirao, 8 – Centro Multiusos – Arcade
Tel. 986700822 – omix@soutomaior.com

 

Por parte da concelleira de Ensino Fátima Vidal presentou a primeiro programa de  AVENTURA EN INGLÉS.

Trátase dunha aposta do Concello por promover a aprendizaxe de linguas extranxeiras para que os mozos e mozas poidan desenvolver e mellorar as súas competencias lingüïsticas.  Para practicar o inglés en situacións cotiás nun ambiente de inmersión total, para promover a adquisición de competencias e habilidades sociais en relación á autonomía e as competencias cívico – sociais, fomentarr o interese por outras culturas e realidades mediante unha experiencia única  nun entorno moi especial e promover valores sociais e persoais enriquecedores para as persoas participantes e tamén para a comunidade xeral.

Aventura en inglés tamén é un programa cultural e lúdico que utilizará como lingua vehicular o inglés en todas as actividades e con presenza 100% da cultura inglesa porque conta con profesorado nativo e con monitores/as de tempo libre bilingües (inglés/galego). Durante a duración da estancia que durará unha semana participarán en actividades de comunicación oral con persoas nativas,  actividades enfocadas ao coñecemento da cultura inglesa, actividades de lecer e convivencia nun entorno con moita historia porque Peares é o único centro de inmersión lingüística de España adicado exclusivamente a isto. Sitúase nun antiguo pobo construido a principios do século XX para albergar aos/ás traballadores/as e directivos de la presa hidroeléctrica de Os Peares. Restaurado en 2009 por Gas Natural Fenosa, é agora una instalación moderna e funcional, situada en plena Ribeira Sacra, na confluencia dos ríos Miño e Sil, un entorno natural único ideal para gozar de aventuras e programas formativos en inglés.

  • Prazas: mínimo 25 máximo 60.
  • Datas: 9 a 15 de setembro (7 días/6 pernoctas)
  • Lugar: Centro de inmersión lingüística OS PEARES.
  • Prazo de inscrición: na OMIX desde 24 de abril ata 31 de maio.
  • Custe: 70€ empadroados/as; 250€ non empadroados/as.
  • Inclúe: actividades, material, personal titulado, pernocta en instalacións na, manutención completa, seguridade.

OBSERVACIÓNS: Realizarase unha reunión co equipo de monitores/as en setembro: a data comunicarase cando se comunique a admisión.
Máis información en educacion@soutomaior.comou na OMIX, 986700822