O alcalde de Soutomaior Agustín Reguera xunto co delegado da xunta en Vigo Ignacio López-Chaves visitaron na mañá do martes as obras que se están a realizar do novo instituto en Soutomaior. Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses e a inversión supera os 5,3 millóns de euros. O novo centro educativo tendrá capacidade para 480 alumnos, con doce unidades da ESO e catro de bacharelato.
Albergará dezaseis aulas polivalentes, tres aulas de desdobre e dúas de apoio educativo, ademais da aula-taller de tecnoloxía e aulas de música, informática, plástica, biblioteca, catro seminarios, tres laboratorios, ximnasio, vestiarios e aseos. Agustín Reguera destacou a importancia deste centro e fixo fincapé en que os prazos de execución están no tempo previsto, tamén fixo relevancia no sistema de biomasa con que funcionara o novo centro, sen dúbida un instituto punteiro para a zona de Soutomaior