O programa municipal de celebración da festa do Samaín deste ano conta con novidades para fomentar a participación da xente nova nesta festa popular galega. O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os/as antigos/as celtas celebrábano nese momento de transición do estío ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos. Co fin de recuperar e poñer en valor as nosas festas populares e a tradición cultural de Galicia a Concellería de Xuventude programa unha serie de actividades co fin de promover a participación activa dos mozos e mozas pero tamén de todos os veciños e veciñas do Concello de Soutomaior como unha gran festa interxeneracional.

O programa deste ano inclúe novidades como o concurso de selfies que estará aberto desde o día 31 de outubro ata o 3 de novembro, a actividade truco-trato orientación especial samaín que se realizará o mércores 31 de outubro ou as actividades do sábado 3 de novembro que este ano serán xogos populares, maquillaxes, maxia cómica e animacións de rúa a cargo de Troula. Para a de truco- trato hai que inscribirse previamente ata o 26 de outubro.

CONCURSO “SAMAIN SELFIES SOUTOMAIOR 2018”

  • Datas: 31 de outubro a 3 de novembro de 2018

Web de participación: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/concurso-samain-selfies-2018

 

“ORIENTACIÓN ESPECIAL SAMAÍN”

  • Data: mércores 31 de outubro
  • Horario e lugar:  inicio ás 19.00 h en Talorío
  • Inscricións previas: EN LIÑA ata o 26 de outubro de 2018

A Santa Compaña, coincidindo coa celebración do Samaín ó seu paso por Soutomaior, perdeu a un dos seus membros despois de que un trasno malvado lle indicase mal cal era o camiño a seguir. Todas as persoas que queiran participar neste reto terán que enfrontarse a diversas probas sinaladas nun mapa para atopar as pistas que nos conducirán a este trasno e así localizar a alma errante da Santa Compaña.
Inscrición Orientación Samaín: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/1687/truco-ou-trato-samain-orientacion

 

“A GRAN CELEBRACIÓN”

  • Data: sábado 3 novembro
  • Lugar: Alameda Talorío

17.30 a 18.30    Xogos populares

17.30 a 19.30    Maquillaxe de medo

17.30 a 20.30    Pasadizo do terror

18.30 a 19.30    Especial maxia cómica.

19.30 a 20.45    Pasarrúas a cargo de TROULA: SUB-UMBRA

21.15 h              Entrega de premios  CONCURSO “SAMAIN SELFIES SOUTOMAIOR 2018

A partir das 18.30 Tren asador de CASTAÑAS –  DEGUSTACIÓN DE BALDE!

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+