Soutomaior celebrou o domingo de entroido polo máis alto tanto en número de comparsas 21 como en espectadores, a primeira hora da tarde xa era case imposible poder acceder a rúa Xosé Solla para coller un bo sitio para ver as comparsas xa que a rúa estaba chea de xente que veu dos concellos limítrofes.Sobre o horario establecido comezaban a desfilar as comparsas, a primeira en facelo foi a municipal do Concello que este ano batía recor de asistentes 42, as máis esperadas polo público foron as comparsas locais Miudos, As Marchosas de Arcade e Moreira A TopeUn ano máis as rúas de Soutomaior volveron a ser un referente no domingo de entroido grazas ó bo número de comparsas como afluencia de xente nas rúas.