Brais Misa de Porriño foi o vencedor da V Carreira dá Ostra celebrada en Arcade en pasado domingo cun percorrido urbano de 6 km, realizou o percorrido en 18 min 35 seg mellorando o record da carreira que estaba en 19 min 11 seg do ano pasado. segundo e terceiro clasificáronse Jorge Janeiro e Gabriel Vázquez respectivamente.

Na categoría feminina a primeira clasificada foi Natalia Lorenzo de Milladoiro cun tempo de 23 min 51 seg segunda foi Yolanda Campos e terceira Vanesa Insaurralde. Os primeiros clasificados do Concello foron en categoría masculina Daniel Álvarez Álvarez cun tempo de 20 min 23 seg, sétimo clasificado absoluto e en categoría feminina Mónica Alarcón Hernández con 28 min. 23 seg. A participación elevouse este ano a 230 corredores divididos en categorías promesa, sénior e veteranos tantos en categorías masculinas e femininas.

A carreira contou coa colaboración do Club Ciclista Arcade, Policía Local, Confraría de Pescadores de Arcade e Protección Civil Todas as clasificacións e os tempos realizados pódense ver na páxina www.cronotec.es. Na carreira tamén participou o Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera que se clasificou no posto 149 cun tempo de 34 min 36 seg participando, como outros moitos, de maneira lúdica e non competitiva.

Despois da carreira dos maiores tocoulles a quenda aos máis pequenos nas categorías de: Chupetes, Pitufos, Benxamins, Alevíns, infantís e cadetes. Máis de 150 participantes que recibiron todos unha medalla de participación. As fotos da carreira pódense no Facebook do Concello de Soutomaior. Preparando xa a próxima edición, o Concello de Soutomaior estuda a proposta recibida por algúns participantes para realizar unha carreira popular e lúdica de 5.700 metros e outra mais competitiva que seria a dúas voltas cunha distancia aproximada de 11 km.