Todo comezou hai nove anos cando Noemi e a súa irmá Esmeralda decidiron poñer en marcha unha comparsa que por aquel entón comezou nunha ludoteca da familia. ” Lembro que cando comezamos a nosa primeira carroza era de cartón ” comenta Esmeralda, hoxe en día a comparsa Miudos está formada por máis de 50 persoas de todas as idades xa que o espírito de Miudos é formar familia ó redor do entroido.

No mes de setembro xa comezan a darlle voltas ó que será o novo ano de entroido, este ano adícanllo ó mundo da “Alta Costura” tesoiras, teas e todo o relacionado coa alta costura é o tema escollido para representar a súa comparsa nos máis de 15 desfiles aos que acudirán este ano.

Aínda que o ano no comezou nada ben por mor do accidente causado na carroza cando ían ó entroido de Lalín, este esperan acadar algún premio aínda que sexa pequena para poder paliar os gastos da comparsa. Tanto para Esmeralda como para Noemí e Natalia o mellor desfile é o de a súa terra, o de Soutomaior, xa que desfilar entre tanta xente coñecida é moi emocionante e hai que dalo todo.

O vindeiro domingo 18 será o desfile de comparsas en Soutomaior a partir das 17.00 h e a comparsa Miudos estará un anos máis e xa van nove seguidos nas rúas de Soutomaior.