Noelia Ocampo é a concelleira de Xuventude e xunto a Sonia Pintos a técnica de xuventude foron as encargadas de poñen en marcha por terceiro ano consecutivo esta iniciativa que tan bo éxito ten na vila de Soutomaior. Malia que a Xunta de Galicia non convocara a día de hoxe o proxecto o Concello decidiu sacalo adiante para que os mozos e mozas da Vila non quedaran sen esta magnífica oportunidade xa que no mes de agosto moitas das empresas colaboradoras están pechadas por vacacións. Para a concelleira Noelia este é un proxecto que está garantido nos vindeiros anos xa que como ela mesma dixo é “Un proxecto imprescindible para o noso Concello”

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+