O Concello de Soutomaior celebrou a 3ª Gala do Deporte, unha vez máis os deportistas de Concello volveron ser os protagonistas, o acto tivo lugar no Multiúsos de Arcade onde rexistrou un cheo absoluto. Durante a hora que durou o evento varios foron os deportistas galardoados facendo mención especial naqueles deportistas que nos anos 60 tiveron un protagonismo deportivo de éxito no Concello, por terceira vez consecutiva a Concellería de Deportes premiou de maneira individual e colectiva aos máis destacado e como dixo o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera » os premios son froito de todo o esforzo e traballo durante o ano, e o importante destes premios é que non os decide o Concello se non as propias entidades deportivas de Soutomaior».