A biblioteca Municipal de Soutomaior recibe a máis de 2.00 usuarios ao mes segundo a súa bibliotecaria Patricia Saavedra é froito dunha traballo previo ben realizado por parte dos responsables da sección.  Na Biblioteca Municipal de Soutomaior non só está deseñada para o préstamo de libros senón que a maiores dispón de club de lectura, aulas de estudo e ata un pequeno teatro onde todos os Xoves hai actuacións de conta contos, unha actividade que forma parte para fomentar o uso da lectura.

Manuel Gómez traballa por segunda vez na Biblioteca e coméntanos como son os dous tipos de usuarios que acoden ao centro, os que van de mañá normalmente a ler o xornal e os que adoitan a ir de tarde, normalmente a estudar e máis ó intercambio de libro. Unha das peculiaridades desta Biblioteca é o novo carné co que podes retirar ata un máximo de cinco libros e tres películas e que ademais esta dentro da rede de bibliotecas galegas, iso significa que podes acudir a calquera outra biblioteca dentro da Rede e retirar un libro.