Pola súa banda a concelleira de Cultura, Dolores Cernadas, presentou o programa oficial da celebración. “Unha programación que pretende ofrecer actuacións e espectáculos para todos os gustos e públicos”, engadindo que “contaremos con grupos tradicionais, como A Roda, orquestras de relevancia, como a Panorama, grupos demandamos polos veciños polo seu éxito en celebracións anteriores, como o grupo América, ademais da clásica animación musical no centro urbano a cargo das dúas bandas de música locais”.

Os actos darán comezo o venres 5, a partir das 23:00 horas, coa actuación do grupo América. O sábado 6 as casetas abrirán as súas portas a partir das doce do mediodía para atender aos primeiros visitantes que gozarán da animación musical dunha clásica charanga. Xa pola noite, celebrarase a tradicional verbena nocturna e tirada de fogos artificiais desde a praia do Peirao de Arcade. O domingo 7, día grande dos festexos, as casetas de venda de recoiro abrirán as súas portas dúas horas antes, ás dez da mañá. Unha hora máis tarde, ao redor das 11:00 horas, as bandas de música “Artística de Arcade” e “Cultural de Arcade” exhibirán os seus dotes polas principais vías da poboación.

Os seus clásicos temas populares encherán de alegría as rúas da vila á vez que servirán de reclamo para todos os veciños xa que, ao terminar as actuacións musicais, ás 13:00 horas, terá lugar a soada Lectura do Pregón, que este ano correrá a cargo da coñecida actriz e presentadora, Nieves Rodríguez. A partir das 19 horas será a quenda para a música tradicional co concerto da Roda. Unha das principais novidades da celebración deste ano é a inclusión da tradicional “ Mostra de artistas dá bisbarra” dentro dos actos da Festa da Ostra. Para favorecer a asistencia dos visitantes que se acheguen á celebración da Ostra, o certame abrirá as súas portas ao público o día 5 de abril no Multiusos de Arcade e poderase visitar ata finais do mes de abril. A mostra conta para esta edición coa participación de máis de 25 artistas locais e coa pintora asturiana Agadina Cano como convidada especial.