Waldo, Félix, Alberto, Santiago e Manuel eran antigos traballadores da desaparecida empresa Pontesa, por aquel entón no ano 1967 creouse o equipo de baloncesto que de nome era igual ao da empresa Pontesa, a maioría dos xogadores non sabían nin coller un balón, pero como di Félix por aquela época xa existía equipo na Vila o C.B. Arcade e un dos seus mellores xogadores Alfonso Pazos foi o que se encargou de poñer a funcionar o noso equipo.

Aquel no só era un equipo de empresa se non que era un equipo de amigos xa que ao rematar os partidos ían todo o equipo a tomar uns viños. Na fábrica existían xa vestiarios que por aquela época non había moitos campos que o tiñan, a verdade é que o Equipo contaba con boas instalacións dentro do posible xa que o campo de xogo estaba dentro dos terreos da empresa de louza