Cen por cento galegos e identificativos do nosa gastronomía e do noso país son calquera dos produtos do mar, das rías galegas. Falamos dun que ademais é emblema dunha vila, porque case é o mesmo falar da ostra que falar de Arcade. Alí foron pioneiros no seu cultivo e na súa comercialización, así que non é de estrañar que lle dediquen unha festa desde hai máis de trinta anos xa.

Ben madrugadores, desde as dez da mañá están abertas en Arcade as casetas nas que podemos degustar as súas afamadas ostras, así ao natural, o mellor xeito de probalas.

Non é casualidade que a Festa da Ostra de Arcade, por certo, de interese turístico de Galicia, se celebre o primeiro domingo de abril. E é que seica este momento é no que este apreciado molusco se atopa nas mellores condicións para ser degustado. E, ademais, se pasan por alí tamén van poder probar outros produtos mariñeiros.

 

Fonte:TVG