O Venres 1 de marzo celebrouse a tradicional festa de entroido infantil organizada pola Concellería de Cultura na alameda de Talo Río, obradoiros de cociña, de tatuaxes con purpurina e un espectáculo teatralizado “Bailemos coma tolos” onde houbo bailes, coreografías, probas, xogos e bromas… un baile de entroido participativo, divertido e molón! onde centos de rapaces e rapazas pasaron unha tarde do máis divertida. E para endulzar a tarde, non faltou o tradicional posto de máquina de pombiñas e de algodón de azucre . Con esta festa o Concello deu por iniciado o entroido no Concello de Soutomaior que rematará o vindeiro domingo día 10 có desfile de Comparsas a partir das 17.00 h.