No día de onte celebrouse no Peirao de Arcade unha festa de posta en servizo do circuíto de educación viaria e o recódromo infantil. Desde a primeira hora da tarde os rapaces e rapazas do Concello agardaban impacientemente a inauguración do circuíto para deste xeito poder subirse aos cars que o Concello de Soutomaior ofreceu gratuitamente. A educación viaria infantil debe ser educación en valores e actitudes xa que teñen as súas raíces na convivencia e no respeto a todos. Neste circuíto con todo un seguido de carrís para que os máis pequenos teñan o primeiro contacto coa bicicleta urbana. É un Circuíto de sentido único e obrigatorio onde os nenos teñen que seguir a sinalización de dirección.

Para amenizar esta posta en servizo o acto estivo amenizado cunha serie de animacións de rúa tales como o “autobús clown”, “cascarolos”, ”monociclo”. “Mini bici”, etc. Así mesmo foi tamén inaugurado o recódromo situado no parque infantil xa que por falta dunhas medidas de seguridade non puido ser utilizado ata o día de onte, para alcalde de Soutomaior Agustín Reguera tanto o circuíto viario coma o recórdomo forman parte da posta en valor do Concello para os nenos e nenas da Vila .