O Concello de Soutomaior volve un ano máis a celebrar as actividades de Verán que tanto éxito teñen entre os rapaces e rapazas do Concello, como todos os anos a duración das actividades lúdicas duran un mes o de xullo, o propio Concello é quen organiza as saídas dos grupos e como todos os anos a diversidades de actividades é un dos aspectos máis fortes. O grupo D visitou na mañá do martes as instalacións de MINERGAL que están no Centro Tecnolóxico do Granito, en O Porriño. Un lugar privilexiado, xeolóxicamente falando, porque se atopa un dos xacementos máis grandes do mundo dunha soa variedade de granito: o Rosa Porriño.