A proba disputouse nun circuíto polos viais do barrio de Arcade de Riba ( Pozovello) foi puntuable para a Copa Galicia. A competición percorreu por terceiro ano consecutivo as costas deste barrio de Arcade cunha baixada que ofrece un circuíto de 1.200 metros de lonxitude, e sobre todo moi técnico para poñer a proba a pericia dos participantes. Algunhas das carrilanas alcanzaron medias superiores aos 60 quilómetros por hora, con velocidades puntas ata de 80, o que pon de manifesto a espectacularidade do trazado. Organizou esta baixada a Asociación veciñal e Cultural Pozovello que conta coa colaboración do Concello de Soutomaior e a supervisión da Federación de deportes de inercia.