O Concello de Soutomaior celebrou este domingo día 10 de marzo o seu tradicional desfile de Entroido. As 20 comparsas demostraron ante os c entos de persoas que as agardaban a súa creatividade e imaxinación nun colorido desfile de Entroido, cargado de orixinais creacións e moito humor. O desfile deu comezo ás 17:00 horas no cruze da avenida Xosé Solla co Calvario. Desde alí, as agrupacións desfilaron ao son da música ata a Alameda Talo Río. A xornada terminou cunha gran festa chea de diversión e música onde a actuación do grupo “ 3. Com .