Juan Lebrón impartiu o sábado día 15 en horarios de 10 a 13 h e de 16 a 19 h un clinic de padel nas pistas do pavillón Municipal da Montesiña. Juan Lebrón é o actual nº 5 do World Padel Tour e coa súa actual parella de xogo, Paquito Navarro, están clasificados en segundo lugar da clasificación mundial. O clinic organizouno o polo club local Tenis & Padel Soutomaior e coa colaboración do Concello de Soutomaior e da Secretaría Xeral para ou deporte, tamén serviu para estrear a reforma da primeira pista de padel que se fixo no Concello e cuxos muros eran de cemento para pasar a ser agora unha pista semi panorámica de cristal. Así mesmo colocáronse nos fondos paneis de policarbonato para evitar os contrastes de luz e a entrada lateral de auga cando chove .O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o presidente do club Tenis & Padel Soutomaior, Esteban Cernadas, así como o vicepresidente Fernando Castro estiveron presnetes no evento .