Martina achegouse como todos os nenos e nenas ao Concello para falar cos Reis Magos, recoñeceu que estaba un pouco nerviosa ao ver as súas Maxestades, o feito de ir onde os Reis foi que se lle esqueceu de pedir na carta algún agasallo de aí que fora a falar con eles para facerlles o encargo de última hora. Martina contounos tamén como hai que facer na noite de Reis, deixarlles comida os Reis,aos camellos, e sobre todo ir cedo para cama, unha das sorpresas á hora de falar da noite de Reis foi cando Martina comentounos que ela é espía, traballa con uns amigos máis da Vila pero nestes intres están de vacacións polo tanto non vai quedar pola noite espiando aos Reis Magos. Agradecemos a Martina que conversara non nós así como a súa familia por permitirnos esta gravación.