Cristina González é a concelleira da Muller do concello de Soutomaior para ela o día 8 de Marzo é un día distinto, non so como muller se non como cargo ó que representa. Cristina considera que as datas sinaladas no calendario como pode ser a do 8 de Marzo son para poder reivindicar aínda que tamén nos comenta que a loita é día a día. Como muller considera que hai moito que facer é loitar para que poida haber un igualdade de xénero hoxe en día.

Dende o Concello de Soutomaior e dende a Concellería de Igualdade levan varios meses traballando ó redor do 8 de Marzo sobre todo nos centros escolares con diversas charlas e obradoiros para concienciar aos máis cativ@s, unha das actividades para clausurar as actividades nos centro estaba programada para este xoves 7 de marzo pero pola climatoloxía houbo que suspendela xa que se trataba da elaboración dun graffiti e un concerto. Outro dos programas da Concellería titúlase «Empoderamento para o bo trato e o autocuidado» o programa consta de varias accións unha delas está formada polo programa «Namórate de ti» que fomenta o autocuidado e o aprecio a quererse a unha mesma.