Un ano máis a Concellería de Cultura ten unha programación máis que ampla para todas e todos os nenos e nenas do Concello, unha das actividades que este ano cumpre 18 anos é o concurso de Postais de Nadal no que ó alumnado dos colexios e institutos de Soutomaior volverán a concursar un ano máis, ás coñecidas postais de Nadal uníronse dende hai un par de anos as postais audiovisuais que tanta aceptación está a ter nos rapaces e rapazas. Conta contos, Festivais, Teatro, concertos pero o que este ano ten preparado o Concello para o día 5 de xaneiro é o seguinte Na mañá do domingo 5 de xaneiro ás 12.00 h as súas Maxestades chegarán á Casa do Concello para recibir a todas as familias. Xa, pola tarde, ás 17 h as súas maxestades desfilarán desde a rúa do Calvario ata a Alameda Talo Río en Arcade, acompañados por unha Comitiva Real da que ti tamén poderás formar parte. Ademais, de participar como espectador/a do desfile este ano haberá a posibilidade de formar parte da Comitiva Real pois haberá un TREN que tamén acompañará durante o desfile.

 

As prazas serán limitadas e polo tanto, para participar no sorteo de prazas terás que anotarte previamente EN LIÑA. Haberá varias opcións: Opción 1: Desexo acompañar ós Reis Magos durante o pasarrúas. Opción 2: Desexo pasear en tren polos arredores de Talo Río cando xa estean na Alameda. Opción 3: Desexo acompañar ós Reis Magos e se quedan prazas pasear en tren por arredores de Talo Río. Si escolles a opción «Desexo acompañar aos Reis Magos durante o pasarrúas» debes ter entre 5 e 11 anos e así poderás ir montado/a neste Tren que desfilará desde a rúa Calvario ata a Alameda Talo Río. O sorteo de prazas farase en directo o 21 de decembro no Multiúsos, cando remate a entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal.

Se escolles a opción “Desexo pasear en tren polos arredores de Talo Río cando xa estean na Alameda” poderás gozar dun pequeno paseo en tren para todas as idades. Neste caso, poderás inscribirte previamente ou senón directamente alí se hai prazas. A orde a seguir será a de inscrición. Se escolles a opción “Desexo acompañar ós Reis Magos e se quedan prazas pasear en tren por arredores de Talo Río” participarás no sorteo e a maiores terás a opción de facer o paso desde Talo Río (si resultaches gañador dunha praza no sorteo entón soamente poderás repetir si sobran prazas). Durante o desfile a Comitiva Real tamén irá acompañada dun espectáculo itinerante a cargo da compañía TROULA ambientada do mundo do circo composta por pallasos e pallasas, música, zancudos, etc.

 

Non te perdas a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar ó Concello de Soutomaior na que haberá moitas que este ano chegan a Soutomaior cargados de ilusión e cunha morea de sorpresas. As inscricións para participar no desfile e no paseo en tren faranse ata o 16 de decembro

 

https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina