Este obradoiro é unha posibilidade de emprego para os alumnos/as coméntanos o seu director Camilo, á idea e a de formar a todos os alumnos e que saian coa formación correcta á hora de atopar un traballo. A día de hoxe cremos que para camareiro vale calquera é iso é un tremendo erro, un bo camareiro ten que formarse e esta é a idea do curso, aquí non so formamos a camareiros xa que temos máis disciplinas como as Operacións básicas de cociña e Servizos de Restaurante e Bar. Una das particularidades deste taller de emprego é a súa función social a través de diversas actividades. En primeiro lugar, está a súa función como comedor social, que, en coordinación con Cáritas, permitirá cubrir as necesidades básicas de alimentación dos veciños con dificultades económicas. Por outra banda, está a súa función de promoción dunha dieta equilibrada entre distintos colectivos da poboación mediante a realización de xantares saudables que os alumnos do taller prepararán e servirán. En concreto están programadas xornadas cos escolares dos distintos centros de ambos os municipios ademais de actividades con grupos da 3ª idade