Esta edición contaba coa participación de máis de 40 expositores, ademais dos traballos dos escolares do municipio e as composicións instaladas polos comerciantes de Arcade e Soutomaior nos seus establecementos. O Certame da Camelia reuniu esta fin de semana a máis de 3.000 admiradores desta fermosa flor no regreso do festival ao castelo de Soutomaior tras as obras de musealización do pasado ano. A entrega de premios contou coa participación do alcalde, Agustín Reguera, a edil de Cultura, Dolores Cernadas, ademais de diversos membros da Sociedade Española da Camelia e a fundadora do Certame, Manuela Gradín.

A concelleira de Cultura Dolores Cernadas aproveitou a ocasión para resaltar a implicación dos veciños e a calidade das composicións deste ano, “con auténticas obras de arte floral, tanto pola calidade das obras como a espectacularidade das flores”, indicou Reguera. Do mesmo xeito, agradeceu a súa presenza aos numerosos visitantes desta edición “e contribuír que o festival siga crecendo cada ano”.