O Pavillón Municipal A Montesiña acolleu o festival de clausura das Escolas Deportivas Municipais, nas que, ao longo do curso, participaron máis de 300 nenos/ as, na clausura realizouse demostracións das distintas modalidades cursadas durante a tempada. O Obxectivo das Escolas Deportivas Municipais é o fomento e a práctica do deporte como lecer saudable coñecendo os distintos deportes.

O festival comenzou coa demostración dos compoñentes das escolas de iniciación ao deporte e multideporte, seguido dos participantes de ximnasia rítmica e acrobática, tenis e pádel, baloncesto, patinaxe e baile moderno. Ao finalizar o acto o alcalde, Agustín Reguera, entregará a todos os participantes unha medalla para premiar a entrega e esforzo destes mozos deportistas durante todo o ano.