Fiz e Sonia son dous dos premiados do XII concurso «Verbas para Comunicar» O certame  está promovido pola concellería de Xuventude e ten como finalidade promover a creatividade literaria na mocidade e fomentar o uso da lingua galega a través de diferentes modalidades artísticas de participación. O certame consta de dúas modalidades

Redacción: dun texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., Só presentación individual. O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas. O soporte será o papel ou cartolina e o seu tamaño non poderá superar un folio A4, pero si poderá ser inferior a este. O formato de presentación do papel ou cartolina será libre.

Audiovisual: elaboración dun vídeo (curta) ou audio (tema musical ou outros) cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupal (2 ou 3 persoas). Presentar en USB. Pode ser gravado con móbil ou cámara. Acéptanse tamén en calidade HD. Mensaxe en galego escrita ou verbal. Tema e estilo: libre.

– Categorías EN CADA MODALIDADE:

Categoría A: idades de 12 a 14 anos.
Categoría B: idades de 15 a 20 anos.