Como cada ano Os Reis Magos atenderon as peticións dos nenos e nenas de Soutomaior na Casa do Concello, como xa é tradicional as súas Maxestades recibiron de mañá aos nenos e nenas de Soutomaior. Foron moitos os rapaces e rapazas que acudiron ao Concello, algún deles a levarlles a carta no último momento agardando non chegar fora de prazo. Melchor, Gaspar e Baltasar escoitaron as demandas en canto a xoguetes e repartiron caramelos entre os presentes, xa chegado o medio día os Reis Magos foron descansar xa que de tarde tiñan outro encontro na alameda de Talo Río esta vez cos nenos e nenas de Arcade.