Nieves Rodríguez foi a encargada de ler o pregón da XXXIII Festa da Ostra e tv Soutomaior tivo o pracer de entrevistar a unha das mulleres máis polifacéticas do panorama audiovisual galego, presentadora, xornalista, actriz calquera das facetas que se lle encargen Nieves é quen de facelas realidade a un nivel extraordinario.

Recentemente ven de cosechar tres premios María Casares xunto a Mela Casal e Sheyla Fariña pola obra de teatro «Invisibles», agradecemos a Nieves Rodríguez a amabilidade que tivo coa nosa canle xa que é un pracer inmenso atopar con profesionais tan participativos.