O actor e titiriteiro Miguel Borines presentou xunto ao alcalde de Soutomaior Agustín Reguera e a concelleira de Cultura Dolores Cernadas o que será o primeiro festival de cine e música infantil «SOUTOPEQUENO» Borines é un dos creadores do Festival e o seu curriculum á hora de organizar actividades culturais é todo un éxito, xa que formou parte da organización do Festival de Títeres de Redondela , do festival de curtametraxes Redondela en Curto entre outros.

Borines agradeceu ao Concello de Soutomaior a xenerosidade coa que foi recibido «SOUTOPEQUENO» e non dudou á hora de garantir un éxito rotundo ao Festival, un Festival que conta cunha programación do máis punteira tanto en cinema como en actividades musicais que son dous dos referentes de «SOUTOPEQUENO» Ademais de cinema e concertos poderemos presenciar por primeira vez nun Festival unha selección dos mellores homes e mulleres orquestra do mundo, así coma unha serie de concertos do máis suculento para o público infantil. Lembrar que o Festival serán os días 28, 29, 30 e 31 de marzo