Este novo Belén inclúe tres novas figuras que recrean en tamaño natural a tradicional estampa do nacemento talladas en madeira. Ao neno, a Virxe María e San José, únenselle este ano as figuras do Boi, a Mula e o Anxo. As novas figuras, segundo indicou o alcalde, Agustín Reguera, xa están pensadas para que os nenos e nenas poidan subirse a elas e facerse as súas fotografías do Nadal. Explica o alcalde que logo do éxito do ano pasado e vendo que todos os veciños facíanse fotos co nacemento, decidiron pedirlle ao artista que as figuras dos animais fosen tombadas «así son máis cómodas, accesibles e seguras para todos». O autor das figuras, Marcos Mariño, é escultor de madeira especialista en talla con motoserra e recentemente foi o primeiro español convidado ao campionato internacional de talla, celebrado na localidade rusa de Tomsk, e no que se clasificou entre o dez primeiros.