O C.D. Arcade presentou oficialmente as distintas categorías para a tempada 18/19, aproveitando o parón das festas de Nadal, as distintas categorías foron presentadas aos seareiros que se achegaron ata o campo do Salgueirón. Dende as categorías base ata o equipo sénior foron desfilando polo campo ata permanecer todos os equipos xuntos para o foto de equipo final.